Salida 22 abril 2018

 

Publicado en Sin categoría por flores. No hay comentarios

Salida 15 abril 2018

 

Publicado en Sin categoría por flores. No hay comentarios

Salida 8 abril 2018

 

Publicado en Sin categoría por flores. Comentarios desactivados en Salida 8 abril 2018

Burgueira-Vilachán-Morán-Valga

9:06 h. saímos da Alameda Flores, Alberto Gándara, Sergio, Generoso e Rodri, non había máis, para facer ruta montañosa por terras de Oia e Tomiño, así que imos pola PO-353 cruzando o barrio do Castro, Pancenteo e Marzán hacia Fornelos, aquí entramos na PO-354 que vai paralela ao río Tamuxe e pouco a pouco ir subindo metros a Burgueira, pasamos antes por Loureza cruzando o río Tamuxe e volvemos cruzalo pouco máis adiante nesa ponte en curva que marca o verdadeiro inicio da subida a Burgueira, despois de Acevedo cruzamonos con Rubén Misa que se une a nós no percorrido; aínda que o ceo está totalmente gris a temperatura está perfecta para pedalear e oír o canto da auga na caída libre das fervenzas, o Tamuxe leva un caudal abundante, unha maravilla e unha riqueza hicrolóxica.

Deixamos atrás Burgueira e continuamos ascendendo ata Bonaval, corta baixada para cruzar o regato que alimenta ao Tamuxe e volta a coller altura, a estrada serpenteante transcurre polos 350 msnm a nosa dereita aló ao Leste das prantacións de kiwis temos, o pico da Pedrada con 500 m. e ó outro lado ao Oeste o pico Lousado con 600 m., alcanzamos o punto máis alto desta primeira ascensión en Vilachán sobre os 400 msnm.

En rápido descenso por Cristelos e Barrantes achegamonos a Tomiño e despois de cruzar o río Pego, pasamos diante da igrexa parroquial de Tomiño e entrar na PO-344, ir ata Vilar de Matos e coller a dereita a PO-552 que nos leva ata Goián cun importante vento de fronte, hoxe o semáforo está en vermello así que toca parar por pouco, por detrás veñen un grupo de cicloturistas aos cales nos sumamos durante un corto traxecto, xusto ata o desvío que collemos polo Morán e de aquí ao Calvario en O Rosal, tocamos outra vez Fornelos e viramos a esquerda pola PO-353 en dirección A Guarda, pasado Novás Alberto Gándara abandona o grupo e da por rematada a saída de hoxe. Os demáis pasamos agora a inversa da primeira hora por Marzán, Pancenteo e O Castro e en A Guarda coller a dereita novamente a PO-552 hacia Oia e axudados polo vento do Sur, xa en Oia Generoso decide non facer o ascenso e regresa por donde viñemos, en A Riña deixamos a PO-552 e iniciamos o segundo ascenso do día para facer os 5 kms. que nos levan ao alto da Valga, ascenso de certa consideración pola distancia e desnivel, Rubén Misa queda un tanto rezagado a sacarse o chubasqueiro, non hai problema pola súa parte, na metade do percorrido xa alcanza a Rodri. Coronado o ascenso da Valga a 450 msnm, Flores ten presa e decide ir el só por Mavia-Santa Comba e Sergio, Rubén Misa e Rodri pola Portela e Torroña. En Torroña queda Rubén Misa que ten a súa casa a uns metros, Sergio e Rodri continúan o trazado orixinal e nun descenso rápido pasan por Burgueira para achegarse a Loureza, tras cruzar o Tamuxe dirixirse a O Rosal pasando por Acevedo e Fornelos cun forte vento Sur de cara que reduce considerablemente a velocidade de marcha. Chegados a O Rosal, Sergio da por rematado o percorrido do día e Rodri continúa ata A Guarda por Pías e San Roque, rematando na Alameda logo de percorrer 93,800 kms.

Publicado en Saídas estrada por Rodrigo Pacheco. Comentarios desactivados en Burgueira-Vilachán-Morán-Valga

Salidas 29, 30 marzo y 1 de abril 2018

 

Publicado en Sin categoría por flores. Comentarios desactivados en Salidas 29, 30 marzo y 1 de abril 2018

Porriño-Parderrubias-Guillarei-Tui

Entre o adianto da hora e esta primavera máis parecida ó inverno, temperatura non habitual nesta época e a humidade no ambiente, fai unha mañá fresca que se notou en boa parte do percorrido, o cambio climatolóxico está aí, ata ben entrado o último outono este foi caluroso, agora que estamos en primavera baixas temperaturas con chuvias e neves, o mundo do revés.

Ás 9:12 horas saímos da Alameda como raios Flores, Gándara, Sergio, Toñete, Benito, Mon, Generoso e Rodri; esperanos un Parderrubias e hai que darse présa, ademáis a frescura da mañá nos obriga a poñer un ritmo acelerado, o tímido sol non acaba de quentar o suficiente e co ceu pintado de nubes oscuras, afortunadamente só foron ameazas. Como sempre imos pasando por unha chea de cicloturistas, algúns coñecidos que saudamos e chegamos a Tui sobre ás 10 da mañá, pasamos Guillarei e atravesamos o polígono industrial de A Granxa de Porriño saíndo collemos a dereita a PO-510 dirección Salceda levamos a favor a brisa do norte, logo de coronar un repeito dun par de quilómetros chegamos ao punto de parada habitual, esa que esta xusto debaixo do viaducto, son ás 10:52 da mañá boa hora para tomar un descanso, avituallar e o necesario.

 

Despois duns minutos da parada, Benito percatase de que ten a roda dianteira pinchada, polo tanto hai que porse mans a obra e proceder ao recambio correspondente, e para eso está Flores disposto a botar unha man.

Como esto é labor de equipo, Gándara tamén colabora na reparación, colle o inflador e dalle todo o aire necesario para unha rodada segura.

Un km. máis adiante da parada, entramos na gasolinera Petronor a inflar o neumático como é debido para que Benito vaia con total seguridade e tranquilidade.

Seguimos a ruta pola PO-510, deixamos atrás Salceda de Caselas e agora pedaleamos en dirección a Salvaterra, despois de coronar un corto repeito nos desviamos a dereita pola PO-404 en dirección a Guillarei, transcurre esta estrada pola parroquia salvaterrense de Arantei, bañada polo río Caselas que nos queda a nosa dereita no sentido da marcha, leva un bo caudal. Importancia ten nesta parroquia a presencia de viñedos de “albariño” e “treixadura” donde fan caldos coa denominación de orixe Rías Baixas. Finalizado este tramo practicamente en descenso, viramos en dirección oeste e encontramonos coa parroquia de Caldelas de Tui ou tamén Caldelas de Miño, lugar de relevancia por ser Vila Termal co balneario que data de 1900.

Continuando pola PO-404 hacia Guillarei, abandonamos esta estrada ao virar a esquerda e pasar diante da estación depuradora de augas residuais (e.d.a.r.) de Tui que está a beira do Miño, pasando dita estación vemos a nosa dereita a ponte romana sobre o río Louro que é paso obrigado de peregrinos camiño de Santiago.

Ruamos polo interior desta parte de Tui e desembocamos finalmente na avda. da Concordia anterior a paseo de Calvo Sotelo (Corredera) no centro da cidade, deixamos atrás a capital do Baixo Miño e agora circulamos pola N-551 en grupo compacto comandado por Flores e Gándara, axudanos a brisa do norte para levar unha marcheta entre 28-30 kms./h. e que a temperatura xa non é aquela fresca da primeira hora da mañá. Vamos pasando as distintas parroquias de Tomiño como Currás, Forcadela, Figueiró e Goián, donde o semáforo sempre da lugar a peticións encontradas “que se poña verde” ou “que cambie a vermello”, hoxe tocou verde, así que pasamolo e nun par de quilómetros estamos no alto de Tabagón e xa divisamos o Tecla e a desembocadura do Miño, catro pedaladas de nada para chegar A Guarda. Generoso abandona o grupo collendo polo Morán, en Pías Benito e Mon e Sergio en San Roque colle dirección O Castro pola rúa José Antonio Lomba Camiña, os demáis subimos o Coruto e na Alameda nun pis pas. Percorrido total de 89 kms.

 

 

 

Publicado en Saídas estrada por Rodrigo Pacheco. Comentarios desactivados en Porriño-Parderrubias-Guillarei-Tui

Salida 25 marzo 2018

Publicado en Sin categoría por flores. Comentarios desactivados en Salida 25 marzo 2018

Tebra e Tecla

Case que tódalas previsións consultadas non ameazaban chuvia, pero como cálculos que son hai veces que non acertan, e hoxe tivemos nalgúns tramos do itinerario a visita do líquido elemento.

Eran ás 9:07 da mañá cando partimos como sempre da Alameda Sergio, Flores, Benito, Mon, Gándara, Xavi e Rodri, os poucos quilómetros do percorrido e que a mañá estaba fresca, non acabamos de arrancar, poñense na cabeza Sergio e Flores que tiran unha boa porrada de kms. imonos cruzando con algúns grupos numerosos de cicloturistas por esta estrada PO-552 que sempre está tan transitada por ciclistas.

Vamos con tranquilidade pedaleando e facendo quilómetros ata que algo lle pasa a Gándara que ten un pedaleo raro, resulta que o parar de pedalear logo non engrana os piñóns. Paramos subindo o alto do Hermida para ver a problemática que lle acontece e tratar de solucionalo.

Mal que ben, parece que o problema mecánico se soluciona, arrancamos novamente para que nuns poucos quilómetros máis adiante a Gándara vólvelle a fallar o engrane, imos por Baredo donde nos caen unhas gotas de chuvia, Gándara ante a persistencia do fallo mecánico amaga con dar volta, ao final vai dando pedales sen parar e avanzando, pasamos Baiona, Ramallosa e estamos en Gondomar, desde donde iniciamos a subida a Tebra, primeira do día e cada quen vai acomodándose ao pedaleo que máis se adapta as condicións físicas.

Sergio, Flores e Rodri chegan os primeiros ao alto de Tebra e mentras van chegando os demais, a Flores con tranquilidade dalle tempo e aproveita para revisar as zapatillas e darlle unhas fregas aos pés e ver se reaccionan e entran en calor.

Tempo despois corona a cima de Tebra Gándara que non fai un alto no percorrido como todo mundo e continúa, o problema mecánico que ten aconsella non deixar de pedalear.

Pouco máis tarde chegan ao cume agrupados os que restan do grupo.

Generoso chegando a Tebra co seu estilo propio de baixar da bici.

No alto de Tebra despois do esforzo da subida e merecido un descanso e avituallar. ¡Que ben viña un cafeciño¡.


Reanudamos a marcha antes de que enfriemos os músculos que a baixada poucos pedales damos, no descenso coa velocidade alta alcanzada, notase a friaxe da mañá. Descendemos co estilo máis  aerodinámico que cada quen consigue para así alcanzar a máis alta velocidade aínda sen dar pedales, os rexistros no velocímetro indican velocidades punta superiores aos 70 kms./h. Ao final do descenso reagrupamonos para chegar ao centro de Tomiño e ao pouco de cruzar este, empeza a chover e nuns centos de metros estamos pingando, e así ata pasar Tabagón, dónde queda Xavi que confesa que chega maduriño. Generoso en Pías colle rumbo a Fornelos e Benito e Mon finalizan o seu percorrido. Sergio, Flores e Rodri continúan a ruta ata A Guarda para ascender ao Tecla, segunda subida do día, xa non chove e agradecese como nunca o solciño que quenta. Despois do alto do Tecla descendemos e Flores e Rodri dan a volta a circunvalación do Tecla para rematar o percorrido deste día con 83 kms. nas pernas.

Publicado en Saídas estrada por Rodrigo Pacheco. Comentarios desactivados en Tebra e Tecla

Salida 18 marzo 2018

 

Publicado en Sin categoría por flores. Comentarios desactivados en Salida 18 marzo 2018

HISTORIA BALONMÁN GUARDÉS

O vindeiro sábado 17 de marzo ás 12:00 h. no Centro Cultural de A Guarda, se presenta o libro HISTORIA DE 50 ANOS DO BALONMÁN GUARDÉS.

 

Publicado en Noticias por Rodrigo Pacheco. Comentarios desactivados en HISTORIA BALONMÁN GUARDÉS