Saída 24.07.2016 Cavalinho

Bos días aos cicloturistas presentes aquí na Alameda para afrontar esta ruta corta pero intensa, a mañá promete. Así pois nos dispoñemos a saír sendo ás 9:05 h. Flores, Tonio, Toñete, Patxi ao cal lle damos a benvida por aparecer por esta terra un ano máis, Alberto González, Generoso, Gándara que se reincorpora a actividade cicloturista neste período de vacacións, Chapi cicloturista de Lalín e Rodri. Manuel Benito colle rumbo a Baiona. En Pías collemos a Mon e xa estamos ao completo o grupo de hoxe.

Os primeiros 15 kms ata o inicio da subida a Candemil, o grupo pedalea totalmente compacto e unido, a partir de aquí fraccionase e aos que mellor se lle da ascender van collendo dianteira, hoxe Chapi e Flores son os primeiros en alcanzar a igrexa de Candemil e na rotonda desta freguesía reagrupamos e collemos dirección a Covas, adonde chegamos despois de realizar ese rápido descenso.

Covas a esquerda, no centro río Coura e arriba a Serra D’Arga

DSC_0027[1]Aquí en Covas definitivamente hai que tomar a decisión adecuada, así que Flores, Alberto González, Generoso, Chapi, Mon e Rodri deciden ir ao Cavalinho por Ledo-Cabraçao. Tonio, Toñete, Patxi e Gándara optan por chegar ao Cavalinho subindo por Arga de Baixo e Arga de Cima.

Os que imos por Ledo-Cabraçao temos que ascender este segundo porto de montaña e ir quecendo as pernas, Chapi e Flores como escaladores volven a coroar primeiros no remate de este ascenso, donde volvemos a reagruparnos descender por Cabraçao e chegar ao pé do Cavalinho donde comezamos o ascenso especial a este porto. Nos primeiros centos de metros xa se nota unha calor sofocante, hai unha ausencia total de arboreda e esforzo por salvar os fortes desniveis incrementan a sensación de calor, así que coa prudencia aconsellable vamos consumindo a distancia que nos separa, pos suposto Chapi e Flores van tirando diante, ao pouco de iniciar o ascenso atopamonos con dous cicloturistas do Vagalume reparando un pinchazo, que unha vez solucionado, un deles nos alcanza e pasa con suma facilidade.

Pasado ese primer tramo do ascenso, na parte intermedia pouco antes de esa curva de ferradura a dereita temos o ¡¡¡Inferno¡¡¡, os números que habitualmente aparecen na pantalla do gps son de dúas cifras (12, 13, 14%), 1,4 kms. verdadeiramente duros e interminables, o sol entesta na espalda e a calor faise notar intensamente, hai que meter todo o desarrollo do que se dispón, hidratarse suficientemente e pouco a pouco ir avanzando, en liña recta ou trazando eses, como sexa, a cuestión é chegar arriba.

Unha vez no alto do Cavalinho empapados en suor, toca descansar e recuperar forzas e líquidos, a chegada dos compoñentes vai facendose a contagotas, Generoso hoxe é o último en chegar.

DSC_0021[1]Antes chegaran Mon e Alberto González.

DSC_0018[1]

DSC_0019[1]

 

 

 

Arriba encontramos con algúns cicloturistas do Vagalume de Porriño, máis uns cantos que foron chegando posteriormente.

IMG-20160724-WA0010[1]Concentrados no alto vamos recuperando do esforzo realizado e aproveitamos para resgardarnos do astro rei e cambiar impresións de como lle foi a cada un.

DSC_0020[1]

DSC_0022[1]

 

 

 

 

 

Mentras esperamos por algúns dos que faltan tiramos estas dúas fotos en grupo.

DSC_0016[1]

DSC_0017[1]

Unha vez recuperados o suficiente, reiniciamos a ruta de regreso a Covas por Arga de Cima e Arga de Baixo e buscando fonte donde repoñer a auga dos bidóns que están vacíos. Frente a pequena rotonda de Covas hai un grifo do que hai que deixar correr a auga un certo tempo para que esta saia fresca.

DSC_0023[1]

Quedanos o último porto de montaña do día, alto da Pena, que polo esforzo acumulado e a calor que continúa impoñendo xustiza é para tomar en conta, así que reanudamos a marcha, parece ser que Gándara xa o fixo con antelación.

A subida ao alto da Pena, ten unhas cantas fermosas curvas de ferradura especialmente vistosas para velas reflexadas en fotografía, aí van unhas cantas.

Flores e Chapi

Flores e Chapi

Toñete

Toñete

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Mon

Mon

 

DSC_0032[1]

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No alto da Pena ímos chegando pouco a pouco, vaise acusando os quilómetros acumulados e o esforzo dos catro portos de montaña.

Gándara

Gándara

Toñete

Toñete

Chapi

Chapi

Rodri

Rodri

Patxi

Patxi

Mon e Tonio

Mon e Tonio

Alberto

Alberto

Último reagrupamento do día no alto da Pena e de aquí para Vilanova de Cerveira.

DSC_0036[1]

Despois de chegar a V.N. de Cerveira vamos facer a parte final desta ruta, continuamos coa calor, cruzamos o Miño hacia Goián e ralentizamos un tanto a marcha porque Generoso está sofrindo o esforzo realizado, alcanzado o alto de Tabagón vamos rumbo A Guarda donde chegamos ás 13:36 horas despois de percorrer 84 kms. en 3:44 h. a unha media de 22,4 kms/h.

3 comentarios a "Saída 24.07.2016 Cavalinho"