Saída 25.07.2016

Santiago apóstolo. Felicidades a tódolos Santiago.

Como non podía ser doutro xeito no día grande de Galicia, magnifíco día, ceo completamente azul libre de nubes donde o sol loce esplendoroso.

Saímos da Alameda ás 9:07 h. Flores, Tonio, Toñete, Mon, Rafa que regresa despois dunhas semanas de recuperación, Gándara, Jorge, Elías, Manuel Benito e Rodri. Tonio anuncia que en Baiona regresa de volta para casa, con el virán outros.

Nesta primeira hora da mañá ao paso polas zonas de sombra, a temperatura é bastante máis fresca do que cabería pensar, co transcurso do tempo cambia radicalmente.

Vamos pedaleando sen ningunha novidade, regulando a velocidade nos repeitos, en consideración principalmente de Manuel Benito e Rafa. No alto da Hermida saenos ao encontro Mingos e con el poñemonos en Baiona, propoñendo modificar a ruta trazada por Flores, e en lugar de ir polo Galiñeiro, ir ata praia de Patos e regresar pola mesma estrada de ida. Ao final os que tiñan pensado dar volta en Baiona así o fan (Manuel Benito, Mon, Rafa e Tonio), os demais continuamos hacia Patos.

No tramo entre a primeira rotonda de Sabaris (a da avioneta) e a segunda (a la gamela), hai un colapso total de circulación de tráfico de turismos, tendo que ralentizar a marcha na máxima expresión en moitos casos e sorteando os vehículos, pasada esta circunstancia unha vez cruzamos o río Miñor e coller a pequena rotonda da Ramallosa, poñemos rumbo a Patos pola vía do tranvía; aínda que deixamos atrás o caos circulatorio, a intensidade de tráfico de vehículos é alta, está claro que estamos en plena época estival e sol en pleno apoxeo o que fai que os turistas acudan as praias das que por esta zona hai en abundancia, ademais de ser festivo.

Poñemonos en fila de a un para facilitar o tráfico dos vehículos de catro rodas e por momentos circulamos por dentro do carril bici e así chegamos a praia de Patos ás 10:40 h. Patos por costume é parada obrigatoria e arestora está concurrida dabondo, xente tomando baños de sol, outros de auga, bastantes na práctica de surf e moitos paseando pola beiriña do mar, nós dende a nosa atalaia vemos todo esto e desfrutamos, tanto nas vistas que nos ofrece as Cíes como as outras.

 

Cíes e Patos ao fondo

Cíes e Patos ao fondo

DSC_0037[1]

DSC_0038[1]

Despois dunha ducia de minutos de descanso, reanudamos a marcha pola costa de Nigrán por Panxón, primeiro temos a praia da Madorra e a continuación Praia América, ao final desta no semáforo Mingos colle rumbo a Vigo e nós a Ramallosa para cruzar novamente o Miñor e en Sabaris a mesma historia de antes, atasco de coches.

E polas rúas Avda. Monterreal, Elduayen e Ramón e Cajal de Baiona algo parecido, unha vez abandonado o casco urbano vía libre ata A Guarda. Flores, Gándara e Rodri suben polo primeiro repeito de Mougás; Elías, Jorge e Toñete desvianse polo antiguo camping. Cando os tres primeiros estabamos iniciando a subida ao segundo repeito, percatamonos de os outros tres non nos seguían, esperamos uns minutos e sen aparecer, Rodri foi ao seu encontro e resulta que Jorge tivo un pinchazo de aí a tardanza; resulta que Flores foi por arriba a ver se os atopaba e como tardaba en chegar, Rodri volve atrás en busca del, mentras tanto Elías, Gándara, Jorge e Toñete xa iniciaran a marcha, así que por detrás Flores e Rodri tiveron que apretar para contactar con os de diante e enlazar no centro de Oia. Continuamos xuntos ata pasado Portecelo, quedándose atrás Elías, Jorge e Toñete e tirando por diante Flores, Gándara e Rodri, que dan unha volta ao Tecla, atopándonos con Alberto González que se nos xunta. En A Guarda Flores e Gándara rematan a ruta, Alberto González e Rodri continúan polo Castro, Marzán, A Mata, Pías e remate final na Alameda. En total 102,70 kms. de ruta en 3:51 h. a 26,6 kms/h. rematando ás 13.12 h.

 

 

5 comentarios a "Saída 25.07.2016"

  • Manuel Benito dice:
  • Rodri dice:
  • Manuel Benito dice:
  • Flores dice:
  • Tonio dice: