Saída 31.07.2016 Nossa Senhora dos Remedios

Comezamos o período de vacacións por excelencia, donde a meirande parte de xente está de descanso dos traballos, por eso aparecen pola Alameda Martin que ven de Alemania e Javier Gándara de Madrid, aos cales lles damos a benvida por estar de novo entre nós.

Despois de que o pasado domingo 24 pasáramos polo “inferno” do Cavalinho, hoxe Flores nos manda a orar a capela da Nossa Senhora dos Remedios, claro que antes hai que salvar a chepa do Monte Faro.

Para realizar esta ruta mariana estamos na Alameda adecuadamente ataviados cos hábitos, quero dicir cos maillots e culotes, que xa se me vai a cabeza, que estamos a escribir de cicloturismo. Como dicía, estamos Flores, Tonio, Toñete, Generoso, Gándara, Javier Gándara, Martin, Mon e Rodri e damos a saída ás 9:07 h.

Nada máis saír, así en frío, hai un aceleramento porque Tonio adiantouse uns centos de metros e non se nos podía escapar, así que unha vez neutralizado, as augas volveron ao seu canle.

Por detrás alcánzanos Alberto González despois de pasar San Roque e nada máis cruzar Goián entra no grupo Jose que ven de Tomiño

Ao final da recta de Figueiró a roda traseira de Martin vai perdendo o aire, é dicir, está pinchado, así que paramos un pouco máis adiante en Vilar de Matos nunha zona ampla donde non hai perigo fronte ao almacén de Cash Cuevas. Flores ponse mans a obra e realiza a operación de cambio de cámara nun santiamén.

Flores en pleno recambio

Flores en pleno recambio

Flores nun primeiro plano

Flores nun primeiro plano

Mentras estabamos parados no recambio de cámara de Martin, Miguel pasa por diante de nós coma unha exhalación dirección Tui, como se perseguira a alguén, non saudou nin dixo pío.

Montamos de novo ata a gasolineira donde paramos para completar de aire a cámara de Martin e reiniciamos a marcha definitivamente. Pouco máis adiante ven ao noso encontro Miguel, debeu recapacitar e como “fillo pródigo” entra no grupo.

Pedaleamos sen ningunha novidade ata Areas, donde nos desviamos a esquerda para atravesar o Miño pola nova ponte e deixarnos en Valença que a cruzamos e en nada comezamos o ascenso ao Monte Faro, poñendose por diante Jose, Flores, Miguel e Gándara. Como é natural, imos realizando o ascenso cada quen ao seu ritmo, dacordo co nivel de preparación, características físicas, etc. En lugar de chegar ata o remate final de Monte Faro, collemos a dereita o desvío que nos leva a Nossa Senhora dos Remedios, e aquí Miguel da por finalizada a etapa xunto con nós, polo que regresa para A Guarda.

Dende este desvío ao punto máis alto do ascenso queda un quilómetro, distancia que se fai algo máis levadeira que todo o anterior, iso polo menos é o que dicen as fotos de Martin e Gándara ao chegaren ao alto.

Impecable estilo de Martin

Impecable estilo de Martin

O de Gándara non é menos

O de Gándara non é menos

No punto de espera que nos atopamos estamos 9, pero faltan Flores e Jose, que chegan uns minutos máis tarde, porque resulta que foron ata o final de Monte Faro, iso lles pasa por ir adiantados.

Xa todos agrupados, realizamos o descenso buscando a capela da Nossa Senhora dos Remedios, que visitamos por primeira vez, non sen antes tomar dous desvíos incorrectos, pero ao terceiro acertamos, non había máis.

O recinto conta cunha pequena explanación que alberga o lugar da aparición da virxe a carón duns penedos

Lugar da aparición

Lugar da aparición

protexida por unha pequena edificación en pedra.

Interior donde o apareceu

Interior donde o apareceu

Conta coa súa correspondente igrexa donde realizar os cultos a Nossa Senhora dos Remedios.

A igrexa

A igrexa

Donde a sombra da mesma recollemos as testemuñas da nosa visita a tan sagrado lugar.

Testemuña 1

Testemuña 1

Testemuña 2

Testemuña 2

Aproveitamos a parada para descansar e avituallarnos e damos por finalizada a visita ao santuario da Nossa Senhora dos Remedios, así que reiniciamos a marcha todo para abaixo, encontrándonos con algúns tramos de asfalto en mal estado, finalizado o descenso achegamonos a N101 que nos leva novamente ata cidade de Valença, en lugar de atravesar o Minho por Tui tal como estaba prevista na ruta, decidimos continuar por Portugal, por San Pedro da Torre ata Vila Nova de Cerveira e de aquí cruzar o Minho pola Ponte da Amizade. Seguimos agrupados por Goián e Tabagón, donde Jose desviase por Eiras hacia Tomiño.

Chegamos A Guarda e cada un para o seu destino, eu continúo a ruta deseñada e subo ao Tecla, que no alto está cheo de visitantes turísticos, baixo ao remate da etapa que finalizo ás 13:20 h. saen 91,55 kms. en 3:43 h. a 24,6 kms/h.

3 comentarios a "Saída 31.07.2016 Nossa Senhora dos Remedios"

  • Flores dice:
  • Tonio dice:
  • Rodri dice: