Porriño-Parderrubias-Guillarei-Tui

Entre o adianto da hora e esta primavera máis parecida ó inverno, temperatura non habitual nesta época e a humidade no ambiente, fai unha mañá fresca que se notou en boa parte do percorrido, o cambio climatolóxico está aí, ata ben entrado o último outono este foi caluroso, agora que estamos en primavera baixas temperaturas con chuvias e neves, o mundo do revés.

Ás 9:12 horas saímos da Alameda como raios Flores, Gándara, Sergio, Toñete, Benito, Mon, Generoso e Rodri; esperanos un Parderrubias e hai que darse présa, ademáis a frescura da mañá nos obriga a poñer un ritmo acelerado, o tímido sol non acaba de quentar o suficiente e co ceu pintado de nubes oscuras, afortunadamente só foron ameazas. Como sempre imos pasando por unha chea de cicloturistas, algúns coñecidos que saudamos e chegamos a Tui sobre ás 10 da mañá, pasamos Guillarei e atravesamos o polígono industrial de A Granxa de Porriño saíndo collemos a dereita a PO-510 dirección Salceda levamos a favor a brisa do norte, logo de coronar un repeito dun par de quilómetros chegamos ao punto de parada habitual, esa que esta xusto debaixo do viaducto, son ás 10:52 da mañá boa hora para tomar un descanso, avituallar e o necesario.

 

Despois duns minutos da parada, Benito percatase de que ten a roda dianteira pinchada, polo tanto hai que porse mans a obra e proceder ao recambio correspondente, e para eso está Flores disposto a botar unha man.

Como esto é labor de equipo, Gándara tamén colabora na reparación, colle o inflador e dalle todo o aire necesario para unha rodada segura.

Un km. máis adiante da parada, entramos na gasolinera Petronor a inflar o neumático como é debido para que Benito vaia con total seguridade e tranquilidade.

Seguimos a ruta pola PO-510, deixamos atrás Salceda de Caselas e agora pedaleamos en dirección a Salvaterra, despois de coronar un corto repeito nos desviamos a dereita pola PO-404 en dirección a Guillarei, transcurre esta estrada pola parroquia salvaterrense de Arantei, bañada polo río Caselas que nos queda a nosa dereita no sentido da marcha, leva un bo caudal. Importancia ten nesta parroquia a presencia de viñedos de “albariño” e “treixadura” donde fan caldos coa denominación de orixe Rías Baixas. Finalizado este tramo practicamente en descenso, viramos en dirección oeste e encontramonos coa parroquia de Caldelas de Tui ou tamén Caldelas de Miño, lugar de relevancia por ser Vila Termal co balneario que data de 1900.

Continuando pola PO-404 hacia Guillarei, abandonamos esta estrada ao virar a esquerda e pasar diante da estación depuradora de augas residuais (e.d.a.r.) de Tui que está a beira do Miño, pasando dita estación vemos a nosa dereita a ponte romana sobre o río Louro que é paso obrigado de peregrinos camiño de Santiago.

Ruamos polo interior desta parte de Tui e desembocamos finalmente na avda. da Concordia anterior a paseo de Calvo Sotelo (Corredera) no centro da cidade, deixamos atrás a capital do Baixo Miño e agora circulamos pola N-551 en grupo compacto comandado por Flores e Gándara, axudanos a brisa do norte para levar unha marcheta entre 28-30 kms./h. e que a temperatura xa non é aquela fresca da primeira hora da mañá. Vamos pasando as distintas parroquias de Tomiño como Currás, Forcadela, Figueiró e Goián, donde o semáforo sempre da lugar a peticións encontradas “que se poña verde” ou “que cambie a vermello”, hoxe tocou verde, así que pasamolo e nun par de quilómetros estamos no alto de Tabagón e xa divisamos o Tecla e a desembocadura do Miño, catro pedaladas de nada para chegar A Guarda. Generoso abandona o grupo collendo polo Morán, en Pías Benito e Mon e Sergio en San Roque colle dirección O Castro pola rúa José Antonio Lomba Camiña, os demáis subimos o Coruto e na Alameda nun pis pas. Percorrido total de 89 kms.

 

 

 

Los comentarios están cerrados.