Tebra e Tecla

Case que tódalas previsións consultadas non ameazaban chuvia, pero como cálculos que son hai veces que non acertan, e hoxe tivemos nalgúns tramos do itinerario a visita do líquido elemento.

Eran ás 9:07 da mañá cando partimos como sempre da Alameda Sergio, Flores, Benito, Mon, Gándara, Xavi e Rodri, os poucos quilómetros do percorrido e que a mañá estaba fresca, non acabamos de arrancar, poñense na cabeza Sergio e Flores que tiran unha boa porrada de kms. imonos cruzando con algúns grupos numerosos de cicloturistas por esta estrada PO-552 que sempre está tan transitada por ciclistas.

Vamos con tranquilidade pedaleando e facendo quilómetros ata que algo lle pasa a Gándara que ten un pedaleo raro, resulta que o parar de pedalear logo non engrana os piñóns. Paramos subindo o alto do Hermida para ver a problemática que lle acontece e tratar de solucionalo.

Mal que ben, parece que o problema mecánico se soluciona, arrancamos novamente para que nuns poucos quilómetros máis adiante a Gándara vólvelle a fallar o engrane, imos por Baredo donde nos caen unhas gotas de chuvia, Gándara ante a persistencia do fallo mecánico amaga con dar volta, ao final vai dando pedales sen parar e avanzando, pasamos Baiona, Ramallosa e estamos en Gondomar, desde donde iniciamos a subida a Tebra, primeira do día e cada quen vai acomodándose ao pedaleo que máis se adapta as condicións físicas.

Sergio, Flores e Rodri chegan os primeiros ao alto de Tebra e mentras van chegando os demais, a Flores con tranquilidade dalle tempo e aproveita para revisar as zapatillas e darlle unhas fregas aos pés e ver se reaccionan e entran en calor.

Tempo despois corona a cima de Tebra Gándara que non fai un alto no percorrido como todo mundo e continúa, o problema mecánico que ten aconsella non deixar de pedalear.

Pouco máis tarde chegan ao cume agrupados os que restan do grupo.

Generoso chegando a Tebra co seu estilo propio de baixar da bici.

No alto de Tebra despois do esforzo da subida e merecido un descanso e avituallar. ¡Que ben viña un cafeciño¡.


Reanudamos a marcha antes de que enfriemos os músculos que a baixada poucos pedales damos, no descenso coa velocidade alta alcanzada, notase a friaxe da mañá. Descendemos co estilo máis  aerodinámico que cada quen consigue para así alcanzar a máis alta velocidade aínda sen dar pedales, os rexistros no velocímetro indican velocidades punta superiores aos 70 kms./h. Ao final do descenso reagrupamonos para chegar ao centro de Tomiño e ao pouco de cruzar este, empeza a chover e nuns centos de metros estamos pingando, e así ata pasar Tabagón, dónde queda Xavi que confesa que chega maduriño. Generoso en Pías colle rumbo a Fornelos e Benito e Mon finalizan o seu percorrido. Sergio, Flores e Rodri continúan a ruta ata A Guarda para ascender ao Tecla, segunda subida do día, xa non chove e agradecese como nunca o solciño que quenta. Despois do alto do Tecla descendemos e Flores e Rodri dan a volta a circunvalación do Tecla para rematar o percorrido deste día con 83 kms. nas pernas.

Los comentarios están cerrados.