PIUEIRO

Polo mes de outubro do pasado ano 2017 se constituiu en A Guarda a “Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro”.

“Piueiro” é o nome que no colectivo mariñeiro-pescador de A Guarda, se lle daba as pedras que se utilizaban nos aparellos de pesca para calar aos mesmos no fondo do mar

Co obxectivo de recuperar, potenciar e poñer en valor o mundo do mar máis tradicional da Vila de A Guarda, definironse tres eixos sobre os que actuar.

1.- Obter todas as fotografías e documentos previos dos arquivos existentes para crear unha base de datos que permita profundizar o tempo para visualizar o estreito vínculo existente entre a orixe da vila e o mar.

2- Recuperar os barcos tradicionais que desapareceron, desde os barcos antigos ata a gamela, comezando coa construción dunha réplica do “volanteiro” guardés, desaparecidos a principios do século XX.

3- Presentación da candidatura para ser sede do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia co obxectivo de xerar os estímulos na Vila que consoliden a necesidade de traballar na recuperación do patrimonio marítimo-fluvial ao longo do tempo.

A Xunta Directiva está formada por:

Presidente: Joaquín Cadilla Castro

Vicepresidente: José Benito Rodríguez González

Secretario: Celso Rodríguez Fariñas

Tesoureiro: Antolín Verde Alonso

Vocales: Agustín Ferreira Lorenzo – Prudencio Tomás Nuñez González – Antonio Martínez Vicente – Silvia María Crespo Campos – Bernardo Lomba Lomba – Francisco Antonio González Durán.

Con relación ao punto 3 dos obxectivos marcados pola Asociación, o Club Ciclista Guardés no seu día manifestou por escrito o seu apoio a esta iniciativa. O pasado venres día 9 de marzo no salón da Confraría de Pescadores convocados pola Asociación Piueiro, celebrouse unha xuntanza con tódalas asociacións culturais, deportivas e de toda índole que deron o seu apoio a esta iniciativa para informarnos sobre a mesma. Tódolos concellos do Baixo Miño sumaronse a este proxecto así como as cámaras de Valença, Vila Nova de Cerveira, Caminha, Esposende, Póvoa.

O XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais celebraráse o vindeiro ano 2019 e consiste nunha concentración de máis de 90 embarcacións de tipo tradicional (dornas, gamelas, galeóns, botes, etc.) o evento ten unha duración de catro días durante os cales ademáis da citada concentración, se realizan outras actividades lúdicas, deportivas e culturais, concertos, teatros, artesanais, etc. que dinamizan o acontecemento e o pobo en xeral con repercusión positiva na economía do mesmo.

A Asociación Piueiro vai presentar nos próximos días a candidatura na Federación Galega da Cultura Marítima e Fluvial para que entre as candidaturas que se presenten, se escolla e conceda ao porto de A Guarda a organización do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais, decisión que será tomada o vindeiro 8 de Abril.

 

Publicado en Noticias por Rodrigo Pacheco. Comentarios desactivados en PIUEIRO

Salida 11 marzo 2018

 

Publicado en Sin categoría por flores. Comentarios desactivados en Salida 11 marzo 2018

Vila Praia de Âncora

8:55 h. na Alameda e non aparece ninguén. O día está fresco e con nubes altas, non hai ameaza de chuvia, as posibilidades de que chova segundo as previsións son escasas, por non dicir nulas. 9:00 chega Alberto Rodríguez, ninguén máis, os habituais dos domingos non se avistan. 9:05 aparece Gándara… e Toñete; ben, ben… imos collendo ánimos. 9:10 aí veñen os inseparables Benito e Mon, bueno… esto pinta ben, xa somos un grupo. Uns minutos máis de espera por se acaso… e nada, así que ás 9:15 h. partimos pola PO-552 hacia Âncora. Van tirando na cabeza Toñete e Alberto Rodríguez, este parece que vai mellorando a posta a punto, aínda que na metade da subida a Tabagón descolgase para seguir ao seu ritmo.

Por Goián falamos de ir ata Forcadela e Tomiño polo trazado previsto por Flores, ou coller directamente hacia Âncora pola ponte da Amistade, a decisión que tomen os de cabeza (Gándara e Toñete) é a que vai valer, así que collemos inmediatamente hacia Vila Nova de Cerveira, a temperatura é fresca por efecto da humidade no aire, pero pedalease estupendamente, respirase un ambiente de maravilla.

Chegamos a Caminha e na recta na N13 que une esta localidade con Moledo, facemos unha parada obrigatoria na gasolineira Galp, donde Gándara cambia a cámara da roda traseira, dalle máis presión da conta e o conseguinte reventón, intenta poñer outra cámara e resulta que está pinchada, e así nos pasamos unha ducia de minutos, que Mon aproveita para tomarse o cafeciño con nata que lle supo a gloria.

Resoltos os problemas mecánicos e de todo tipo, reanudamos a marcha hacia Moledo e de aquí a Vila Praia de Âncora pola N13. Nesta vila mariñeira, facemos unha nova parada no paseo marítimo que está ao carón da praia donde desemboca o río que da nome a Vila, donde se pode apreciar a forte correntía do río producto destes días chuviosos que se encontra coas bravas olas do Atlántico, coas gaivotas como testigos deste encontro lóxico e natural.

Toda esta beleza natural transmite unha paz e tranquilidade relaxante que se fai notar no carácter dos ciclistas e quen mellor para demostralo que ás seguintes instantáneas.

Despois do descanso relaxante, reanudamos a marcha e agora facemolo pola estrada local que vai a beira do mar ata Moledo, dónde a saída desta localidade volvemos coller a N13, pasamos Camínha en dirección Seixas e o ritmo de pedaleo é firme e constante, non baixamos de 28 km/h., pasamos Lanhelas e entramos en Gondarém e no semáforo pinchazo de Gándara que hoxe non é o seu día. Reparación da avaría e volta a empezar para poñernos en Vila Nova de Cerveira, cruzamos o Miño pola ponte da Amizade e en nada estamos en Goián, de aquí a Tabagón, S. Miguel e Pías dónde quedan Benito e Mon, 3 kms. máis adiante chegamos ao destino final sobre ás 12:40 h.

 

Publicado en Saídas estrada por Rodrigo Pacheco. Comentarios desactivados en Vila Praia de Âncora

Salida 4 marzo 2018

 

Publicado en Sin categoría por flores. Comentarios desactivados en Salida 4 marzo 2018

ÉRGUETE BAIXO MIÑO

A asociación Érguete Baixo Miño, como socios da mesma nos convoca a Asemblea Xeral Ordinaria para o próximo 9 de marzo no seu local social.

Publicado en Noticias por Rodrigo Pacheco. Comentarios desactivados en ÉRGUETE BAIXO MIÑO

Asemblea Xeral Extraordinaria

Celebrada a Asemblea Xeral Extraordinaria o pasado 10 de Febreiro de 2018, na mesma se tomaron os seguintes acordos.

1º. Aprobouse a adaptación dos Estatutos do Club a Lei 3/2012 do Deporte de Galicia.

2º. Elexironse os cargos directivos do Club, quedando composta dos seguintes xeito:

Presidente: Rodrigo Pacheco Alonso.

Secretario: Manuel Flores Cerqueira

Tesoureiro: José Antonio Rodríguez Portela

Vogal: Elías Rodríguez Rodríguez

3º. Aprobouse o cambio de domicilio social, quedando establecido en rúa Transversal Troncoso nº 3-1º B de A Guarda.

Publicado en Noticias por Rodrigo Pacheco. Comentarios desactivados en Asemblea Xeral Extraordinaria

A Porriño e volver

Madrugar. Un frío que pela. Cama quentiña.

¡¡¡ VAMOS CICLISTAS ¡¡¡

Si que facía frío esta mañá, pouco antes de saír o termómetro marca 4ºC e notase no ambiente, pero para os CICLISTAS eso non é un inconveniente, é un aliciente. Aí están na Alameda dispostos a iniciar unha nova ruta Elías, Rodri, Flores, Generoso, Gándara, Toñete e Alberto Rodríguez, máis Benito e Mon que os collemos no Coruto e Xavi pasando o cruce da Gándara.

Os irmáns Rodríguez Sobrino, Toñete e Alberto, antes de partir observan atentamente os preparativos que a organización solidaria CONRAZONES realizan arestora para o “mercadillo solidario” .

Como Tonio avisara que se non estaba ás 9 non o esperaramos e Manuel Benito envía un whatsapp avisando que non ven, ás 9:07 h. partimos dende a Alameda, a friaxe faise notar nas partes extremas do corpo, hai que bater as mans e ir movendo os dedos dos pes para desentumecer.

Nada máis dar o pistoletazo de saída, aínda non estaba o grupo compacto, no Coruto aparecen de frente Benito e Mon e a altura do supermercado Lidl tamén se incorpora Xavi, que este ano é a primeira saída co Club.

Pola subida de Tabagón, Elías e Alberto Rodríguez descolganse do grupo e fan o seu percorrido particular.

O grupo agora composto de 8 membros, continuamos a ruta establecida por Flores e imos superando hoxe as dificultades metereolóxicas derivadas da friaxe, os campos pintados de branco dan mostra da intensa xeada e iso que o sol xa está o suficientemente elevado e vai minorando a forza da xeada. Conforme imos avanzando os kms. a temperatura vai suavizándose. Pouco antes de saír do polígono de A Granxa parada técnica para evacuar, Xavi ten algún problema nas calas e adiantase para ver de solucionalo.

Reiniciamos a marcha ata a gasolineira de Repsol antes de chegar a Porriño, donde Xavi estaba arreglando os problemas coas calas.

Solucionado o problema de Xavi, novamente reiniciamos a marcha, cruzamos O Porriño e viramos por Torneiros rumbo a Mosende, donde no punto de costume facemos a parada para comer e estirar.

Xa descansados e recuperados nos poñemos en marcha e deixamos atrás Mosende, para adentrarnos no concello de Tui pola parroquia de Ribadelouro e o pouco en Tui, nada máis coller a PO-350 Gándara engancha con dous ciclistas que van uns metros diante de nós, mantemolo a vista nun par de centos de metros, pero no semáforo de Sobrada nós collemolo en vermello e a espera fainos que a distancia aumente, e aínda que o vemos na distancia xa non o logramos coller.

O grupo vai perdendo elementos, Xavi en Tabagón coas pernas desfeitas e Generoso na recta de San Miguel, donde colle polo Morán rumbo a Fornelos. En Pías quedan Benito e Mon e os que quedamos Flores, Toñete e Rodri chegamos A Guarda sen novidade arredor das 12:30 h. e aínda temos tempo de dar unha volta a circunvalación ao Tecla.

Publicado en Saídas estrada por Rodrigo Pacheco. Comentarios desactivados en A Porriño e volver

Salida 25 febrero 2018

Cartel salida 25-02-18

 

Publicado en Sin categoría por flores. Comentarios desactivados en Salida 25 febrero 2018

Gala do Deporte Guardés

Próximo venres 23 de Febreiro no Centro Cultural

img038

Publicado en Sin categoría por Rodrigo Pacheco. Comentarios desactivados en Gala do Deporte Guardés

Praia Patos e volver

Despois dunha semana especialmente húmida e chuviosa, recibimos este fin de semana soleado e para estar en pleno inverno non demasiado frío aínda que o termómetro da farmacia marcaba a esta hora da mañá 8-9º C, a sensación de frío libre de humidade é bastante menor. Todo esto favoreceu a presencia na Alameda dun grupo composto por 11 cicloturistas dispostos a realizar o programa de 80 kms. previsto por Flores para hoxe, é dicir, ir ata a praia de Patos no concello de Nigrán e volver. Despois da espera por Gándara que nos avisa que está cambiando roda pinchada e de Óscar Trigo por problema mecánico na roda traseira, estamos preparados Elías, Manuel Benito, Rodri, Tonio, Flores, Benito, Mon, Gándara, Toñete, Alberto Rodríguez e Óscar Trigo.

Antes de saír un par de instantáneas para a posteridade, aí van.

IMG_20180218_091050_855[1]IMG_20180218_091144_642[1]

Entre a espera as fotos a charla, tal e cual, partimos rumbo a Patos ás 9:13 horas, e iso que Óscar Trigo aínda non aparecera, logo xa nos collerá. Pasada a avenida Donantes de Sangue, xa íamos ao completo o citado grupo de 11, disfrutando do pedaleo e do día, Flores e Rodri tiran na cabeza.

Baixada de Portecelo velocidade de cruceiro a uns 35-37 kms/h., posterior repeito de 200 mts., Alberto Rodríguez aproveitando a inercia adianta a todo o grupo e ponse en cabeza durante uns cantos metros, suficientes para saborear uns momentos de gloria, hai que darlle ánimos que ven de pasar un longo calvario por problemas nun xeonllo.

Antes de chegar a Oia, Elías, Manuel Benito e Alberto Rodríguez descolganse do grupo, pois realizarán un percorrido inferior ao previsto, hai que ir pouco a pouco na posta en forma. Os 8 compoñentes do grupo ímos cunha marcha ao redor de 28 kms/h. en zonas planas, como sempre por esta estrada, cruzamonos cunha morea de cicloturistas, grupos máis ou menos numerosos, cicloturistas desperdigados, de todo un pouco. Nós ao noso ritmo poñemonos na Real (Baiona), a partir de aquí o tráfico de vehículos de catro rodas xa se incrementa considerablemente e obríganos a baixar un tanto a velocidade, as rotondas, semáforos e cruces tamén inflúen. Cruzamos a ponte sobre o río Miñor e na pequena rotonda tomamos rumbo a Patos pola estrada da vía, máis plana. no parpadeo dun ollo estamos en Patos, aínda non son ás 11 da mañá.

Como sempre esta fermosa praia, ofrece unha vista extraordinaria cunha Illas Cíes no fondo que parecen gardas da desembocadura da ría de Vigo. Toque ao descanso, estirar as pernas, alimentar e todo o demais, e por suposto a foto de rigor.IMG_20180218_105733_508[1]

Reanudamos a marcha de regreso ao punto de partida, Gándara e Óscar Trigo se adiantan e perdemolos de vista, pensamos que teñen ganas de acelerar o ritmo da ida ou algo así. Alcanzamolos pouco despois en Baiona, aínda que non chegamos a unirnos de todo, un coche que non se atreveu adiantalos, foi un par de kms. facendo de fío de unión, cando un condutor temeroso, cauteloso ou ignorante das normativas en vigor, podemos facilitar a manobra de superación poñéndoos en liña de un, e evitamos malos humores e cabreos.

En cabo Silleiro collemos a Fernando Vicente Daldea, que tempo había que nun pedaleaba co grupo, a saber…Queda na casa de Viladeuso, como recordo deste día unha foto.

¡Ata a próxima Fernando¡

¡Ata a próxima Fernando¡

Vamos hacía Oia con tranquilidade sabedores de que hai tempo de sobra, aínda que algún trata de dar un estirón ao grupo a ver si se pican.

IMG_20180218_115355_429[1]

Pola subida de Portecelo vanse notando os kms. acumulados, esta semana chuviosa non permitiu entrenar con normalidade. No seguinte vídeo pódese apreciar mellor.

VID_20180218_121148_730[1]

Faltan un par de kms. para chegar A Guarda, no Bergantín quedan a refrescar a gorxa Gándara, Óscar Trigo e Tonio e Toñete, xa os están esperando Elías e Alberto Rodríguez.

Continuamos e rematamos a ruta deseñada.

Publicado en Saídas estrada por Rodrigo Pacheco. 1 comentario